O Desafío Volta a Lugo pasará por tres concellos da Terra Chá

Pol
TerraChaXa
O vicepresidente da Deputación e alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentaron a 5ª Edición do Desafío Volta a Lugo, unha carreira cicloturista por etapas de carácter non competitivo, que percorrerá 12 concellos da provincia durante os días 17, 18 e 19 de maio.
DSC_0061 1
15 Maio 2019

O vicepresidente da Deputación e alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, presentaron a 5ª Edición do Desafío Volta a Lugo, unha carreira cicloturista por etapas de carácter non competitivo, que percorrerá 12 concellos da provincia durante os días 17, 18 e 19 de maio. No acto estiveron acompañados de José María Seijas, presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, organizadores da proba, e do exciclista Ezequiel Mosquera, que participará na segunda e terceira etapas.

Fernández Quipo explicou “172 corredores de toda España participarán durante a fin de semana nun percorrido no que descubrirán todo o que a Provincia ofrece, desde as montañas da Fonsagrada ata o interior da Mariña, ou a Terra Chá. Unha cita clave para dar a coñecer Lugo como destino do turismo activo e deportivo”.

“O concello da Fonsagrada, pola súa orografía é un lugar perfecto para os deportes ao aire libre e de aventura, unha actividade que axuda a dinamizar a economía das comarcas, grazas aos participantes e aos que os acompañan” comentou o Alcalde da Fonsagrada.

Pola súa banda o Deputado de Deportes explicou que “esta cita vai asentándose na provincia, e a presenza de caras coñecidas, como o humorista David Amor, que participará na primeira etapa, ou o exciclista, Ezequiel Mosquera, que recollerá o seu relevo e participará na segunda e terceira; dan ao evento unha maior visibilidade e recoñecemento para unha proba única en Galicia, que ofrece a deportistas afeccionados vivir a experiencia dunha carreira por etapas profesional”.

O Desafío
O Desafío constará de 3 etapas, un total de 265 quilómetros, cun desnivel acumulado total de 4.900 metros. Participarán un total de 172 corredores e 30 clubs de toda España. A carreira percorrerá os concellos de Lugo, Castro de Rei, Pol, Ribeira de Piquín, Pontenova, Lourenzá, Riotorto, A Fonsagrada, Baleira, Baralla, Láncara e O Corgo.

A primeira etapa partirá de Lugo terá 86,1 quilómetros, cun desnivel de 1.575 metros e pasará polo alto de Ouviaña de 2ª categoría, unha xornada cunha dificultade media, con meta na Pontenova, de onde partirá tamén a segunda etapa, cunha dificultade moi alta grazas aos seus catro altos de montaña (o Alto de Augaxosa, o Alto da Cruz da Cancela de 2º Categoría; e o Alto do Coto de Frades e o Alto da Fonsagrada de1º categoría), percorrerá 92,7 quilómetros e terá un desnivel acumulado de 3.319 metros. A derradeira etapa rematará outra vez en Lugo, nunha xornada de 85,8 quilómetros, cun desnivel de 1389 positivos froito dos dous altos de 3ª categoría: O da Fontaneira, e do Alto de Vega.

0.15116906166077