O día 1 Muimenta celebrará unha nova edición da Festa do Río
Este domingo , a Asociación Cultural Aquilino Iglesias Alvariño celebra unha nova edición da Festa do Río.
A área recreativa Ribas do Miño, en Muimenta, será a encargada de acoller este evento que dará comezo cunha sesión vermú a cargo de Verónica Cambón.
A continuación haberá un xantar con menú de paella, solombo, pan e sobremesa con café e licores. Para os menores de 5 anos a comida será gratuíta e para os nenos de entre 5 e 9 anos terá un prezo de 15 euros. O prezo para os adultos será de 30 euros.
Pola tardiña volverá a música e haberá animación infantil con xogos tradicionais con Xotramu e Festa da Escuma.
Esta festa serviu para presentar a nova directiva da asociación, que estará presidida por Paula Francos Anllo.
Xunto a ela está Delia Basanta Cornide como vicepresidenta, José María Freire Ferreiro como secretario e Javier Morán Gueimonde como tesoureiro. Como vogais actuarán Coral Álvarez Cruña, Daniel Francos Anllo, Óscar Chavarría Agrelo e Pablo Folgueiras Rivas.