O día 6 dará comezo unha nova edición dos Sábados de Teatro

TerraChaXa
O Instituto de Estudios Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza os III Sábados de Teatro, que darán comezo o día 6.
cartaz_teatro2 2018 copia_portada
2 Oct 2018

O Instituto de Estudios Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza os III Sábados de Teatro, que darán comezo o día 6. O programa consiste en que durante os catro sábados do mes de outubro, poñeranse en escea outras tantas obras a cargo de catro grupos teatrais distintos que terán lugar no Auditorio Municipal a partir das 20.30 horas.

A primeira actuación estará a cargo de Tolemia Teatro, que porá en escea a obra A Oficina. A seguinte fin de semana, día 13,  o grupo Hipócrita Teatro representará a obra Hotel Desencanto (obra subvencionada pola Área de Cultura da Deputación, dentro do programa Buxiganga’2018).

O 20 de outubro será a Escola Municipal de Teatro de Vilalba a que se encargue da cita coa obra Retais. Finalizará o grupo Achádego Teatro, que porá en escea a obra Balas sobre Broadway.

A entrada a todas as funcións será libre e gratuíta.

sabadoteatro
0.16559910774231