O día 8 celebrarase unha nova edición da Memoria da Chaira Enteira
O sábado 8 de setembro a Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María celebrarán un ano máis o cabodano do poeta chairego coa celebración da Memoria da Chaira Enteira.
A celebración terá o seu inicio ás 14.30 horas co xantar de irmandade que terá lugar no Restaurante Río Ladra, en Gaioso. A continuación, sobre ás 17.00 comezarán os actos literarios cun recital de poesía en Penas de rodas, ao que seguirá, as 18.30 horas o acto de lembranza ao poeta no cemiterio de Outeiro de Rei, a onde os participantes levarán unhra rosa nunha procesión amenizada polos versos e comunicados. Haberá unha benvida co Canto da Irmandae e o Himno Galego, a cargo de Mero.
Unha hora máis tarde, a actividade desprazarase á carballeira de Santa Isabel, onde se fará entrega das Navallas de Manuel María a Branca Pazos e a Moncho Valcárce, este último a título póstumo. Esta cerimonia estará dirixida por Marica Campo, David Otero e Mero Iglesias.
Por suposto haberá recital de poesía e música.
O prazo de inscrición para o xantar, que terá un prezo de 20 euros, xa está aberto e pode facerse no 646 413 890.