O Día da Bici en Guitiriz reuniu a preto de 60 persoas

TerraChaXa
Ao evento, organizado polo Concello e polo club Btteiros Cova da Serpe, acudiron ciclistas de todas as idades
dia-da-bicicleta-guitiriz
10 Sep 2024

O pasado domingo 8 de setembro celebrouse en Guitiriz o Día da Bici, un evento organizado polo Concello e polo club Btteiros Cova da Serpe. Unha xornada para os amantes dos pedais na que participaron preto de 60 persoas de todas as idades, desde nenos de 3 anos ata deportistas máis veteranos.

O evento iniciouse con dúas rutas en bicicleta polos dous percorridos propostos pola contorna do Concello de Guitiriz. O primeiro tiña unha duración de 9 quilómetros e atravesaba o Balneario, mentres que o segundo tiña unha duración de 20 quilómetros e pasaba por Parga, a Fonte de Valdovín, a Ruta da Auga e o Balneario.

Tras as rutas, os participantes puideron repoñer forzas no avituallamento do Balneario de Guitiriz.

Posteriormente celebráronse outras actividades, como unha xincana e un circuíto de pump track. Xa para rematar a xornada do Día da Bici os asistentes desfrutaron duns petiscos cortesía do Concello de Guitiriz.

0.16573309898376