O Día da Bici en Guitiriz reuniu a preto de sesenta persoas

Preto de sesenta persoas participaron este domingo, 7 de setembro, no Día da Bici, unha cita organizada polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club Btteiros Cova da Serpe.
A saída tivo lugar ás once da mañá desde a nave do SENPA, punto de partida dun percorrido de nove quilómetros pensado para todos os públicos.
Ao rematar a ruta, participantes e colaboradores compartiron uns petiscos nun ambiente de convivencia e boa compañía, poñendo o broche final a unha xornada deportiva e festiva que consolidou unha vez máis o éxito desta iniciativa.