O día da Bici en Guitiriz reuniu a preto de sesenta persoas

TerraChaXa
Ao rematar a ruta, participantes e colaboradores compartiron uns petiscos
dia-da-bici-guitiriz
8 Sep 2025

Preto de sesenta persoas participaron hoxe, domingo 7 de setembro, no Día da Bici, un evento organizado polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club Btteiros Cova da Serpe.

A saída tivo lugar ás once da mañá desde a nave do SENPA e o percorrido, de nove quilómetros, foi pensado para todos os públicos. Unha vez rematada a ruta, os asistentes gozaron dunhas merendas para compartir a xornada en boa compañía.

⚙ Configurar cookies
0.1001250743866