O Día do Veciño celebrarase o vindeiro domingo en Lugo e premiarán á alcaldesa de Viveiro
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Federación de Asociacións de Veciños celebrará o vindeiro domingo a 18 edición do Día do Veciño, que reunirá no Pazo de Feiras de Lugo a unhas 4.
16 sep 2019
A Federación de Asociacións de Veciños celebrará o vindeiro domingo a 18 edición do Día do Veciño, que reunirá no Pazo de Feiras de Lugo a unhas 4.000 persoas chegadas de distintos puntos da provincia e no que se premiará o labor da alcaldesa María Loureiro.
Ao longo da xornada haberá un partido de fútbol, actuacións folclóricas e unha mostra de artesanía. Tras o xantar de confraternidade, terá lugar a entrega dos premios V de Veciño, cos que se recoñece a labor dos lucenses na dinamización e promoción da súa comarca e provincia. Entre os galardonados deste ano figura María Loureiro García, alcaldesa de Viveiro, que asistirá a Lugo para disfrutar da xornada e recoller o premio.