Este domingo Muimenta celebrará unha nova edición da Festa do Río

TerraChaXa
A área recreativa Ribas do Miño será a encargada de acoller este evento organizado pola asociación Aquilino Iglesia Alvariño
festa-do-rio-muimenta-portada
19 Ago 2024

Este domingo día 1 de setembro, a Asociación Cultural Aquilino Iglesias Alvariño celebra unha nova edición da Festa do Río. 

A área recreativa Ribas do Miño, en Muimenta, será a encargada de acoller este evento que dará comezo cunha sesión vermú a cargo de Verónica Cambón.

A continuación haberá un xantar con menú de paella, solombo, pan e sobremesa con café e licores. Para os menores de 5 anos a comida será gratuíta e para os nenos de entre 5 e 9 anos terá un prezo de 15 euros. O prezo para os adultos será de 30 euros. 

Pola tardiña volverá a música e haberá animación infantil con xogos tradicionais con Xotramu. 

festa-do-rio-muimenta
0.12726092338562