O director da Agacal destaca o labor do Grupo Mulleres de Seu

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
10 Mar 2020

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, participou no acto O éxito da diversidade no rural, organizado polo grupo Mulleres de Seu -promovido pola cooperativa CLUN- co gallo do Día Internacional da Muller.

No encontro, que tivo lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias de Ribadeo, o director da Agacal aproveitou para gabar o labor da entidade a prol da igualdade efectiva no agro.

O grupo Mulleres de Seu, impulsado en 2013 dende a Fundación Feiraco, leva reunido máis de 450 socias das sedes de CLUN Ribadeo, CLUN Melide e CLUN Ames en diversos foros ou obradoiros dirixidos a favorecer o empoderamento feminino no agro. O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria reiterou hoxe o compromiso da Consellería do Medio Rural para colaborar coa entidade en diferentes ámbitos, como o da formación ou o asesoramento.

0.45411896705627