O DOG publica a modificación do prazo para a presentación de permisos administrativos relacionados con axudas de Medio Rural

TerraChaXa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores 13 de setembro a
13 sep 2017

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores 13 de setembro a orde pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos correspondentes coas axudas de plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións. Así, a data do 15 de setembro de 2017 prevista no artigo 7 da Orde do 29 de marzo de 2017 amplíase ata o 16 de outubro de 2017, inclusive.

Esta decisión tomouse para permitir aos beneficiarios destas axudas unha marxe maior para xustificar os investimentos que realizarán con estas achegas. Este ano o orzamento destas subvencións chega aos 65 millóns de euros, un 7% máis que no exercicio anterior. En concreto, 40 millóns de euros irán destinados a apoiar investimentos en explotacións agrícolas (plans de mellora), 20 millóns para impulsar a incorporación de novos activos ao agro (agricultores mozos) e 5 millóns para fomentar o desenvolvemento de pequenas explotacións. Estas axudas están encadradas dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, que prevé –para estas liñas de axuda– un investimento de 247,5 millóns de euros en todo o período de execución.

O ano pasado, grazas a esta orde lográronse destacadas cifras, xa que permitiron a incorporación de 618 mozos, executar 582 obras de mellora en explotacións e 32 proxectos de pequenas granxas.

0.17709898948669