O domingo celébrase o Día Mundial das Abellas con actividades nas Pontes

TerraChaXa
O día mundial das abellas celebrarase o 20 de maio, xa que a ONU decidiu implantalo a finais de 2017  para lembrar e visualizar a importancia que ten este insecto no equilibrio ecolóxico, e para achegar ideas para a sua proteción.
abellas
19 Maio 2018

O día mundial das abellas celebrarase o 20 de maio, xa que a ONU decidiu implantalo a finais de 2017  para lembrar e visualizar a importancia que ten este insecto no equilibrio ecolóxico, e para achegar ideas para a sua proteción.  O 20 de maio é a data elixida porque coincide co nacemento de Anton Janša que, no século XVIII, foi pioneiro nas técnicas modernas de apicultura no seu país natal, Eslovenia.

A abella é quen de visitar ao redor de 7.000 frores ao día e é unha infatigable provedora de mel, cobizado desde hai milenios como alimento e mediciña e do que producimos de tanta calidade na nosa contorna. Esta actividade será na Casa do Mel (Goente-As Pontes).

Pódeste inscribir vía whatsapp no: 603 482 401

 

Captura de pantalla 2018 05 18 a las 10.03.10
0.19324088096619