O domingo terá lugar o tradicional roteiro Avelino Díaz en Meira

TerraChaXa
Como complemento á actividade festiva desenvolvida en Meira o domingo 21 de agosto terá lugar unha nova edición do Roteiro Avelino Díaz.
roteiro avenino diaz meira portada
roteiro avenino diaz meira portada
20 Ago 2022

Como complemento á actividade festiva desenvolvida en Meira o domingo 21 de agosto terá lugar unha nova edición do Roteiro Avelino Díaz. A hora de partida está marcada para as 16.30 horas na praza Maior de Meira. A data inicial, o sábado, foi modificada xa que será o sábado cando se celebre a Xira, que foi aprazada pola chuvia.

O roteiro Andainas con Avelino Díaz é un roteiro literario no que se van facendo paradas para a lectura de poemas referidos aos diferentes espazos que se visitan.

O seu grao de dificultade é baixo polo que é apta para todo tipo de público, incluído o infantil e terá unha duración de 3 quilómetros.

Esta actividade está organizada en colaboración coa Asociación Cultural Avelino Díaz para dar a coñecer a figura do Poeta de Meira.

roteiro avenino diaz meira
0.14924001693726