O domingo volve a feira mensual a Friol

TerraChaXa
O vindeiro día 5 de xullo reactívase a feira mensual que se ven celebrando o primeiro domingo de cada mes no recinto do Mercado Gandeiro, sito na estrada de Lamas.
105923974_3052534771462341_3578218895789932669_n
3 Xul 2020

O vindeiro día 5 de xullo reactívase a feira mensual que se ven celebrando o primeiro domingo de cada mes no recinto do Mercado Gandeiro, sito na estrada de Lamas.

O recinto municipal do Mercado Gandeiro abre de novo para celebrar a feira mensual de xullo, despois de 3 meses sen poder celebrala polos motivos de seguridade sanitaria que son dabondo coñecidos por toda a poboación.

Lémbrase a necesidade do uso da máscara, la limpeza e a hixiene e do mantemento da distancia de seguridade.

"Están a ser uns meses difíciles para toda a sociedade, pero dado que todo indica que estamos polo bo camiño, e desfrutando xa dunha nova normalidade, aínda que sexa de forma prudente e relativa, decidimos reabrir a nosa feira mensual para que os veciños e veciñas, e todas as persoas que queiran aproveitar para desfrutar do noso Concello, poidan vender e mercar os produtos que se comercialicen no recinto feiral. Cremos que temos que ir volvendo á normalidade, pero sempre con coherencia e responsabilidade e tomando todas as medidas de hixiene recomendadas e necesarias” comenta o alcalde Jose Ángel Santos.

0.08688497543335