O doutor Ángel Carracedo ofrece o xoves unha charla en Friol

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol acolle o día 18 de febreiro, ás 16 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural, unha charla sobre os Trastornos do Neurodesenvolvemento.
charla friol neuroloxia portada
14 Xan 2024

O Concello de Friol acolle o día 18 de febreiro, ás 16 horas, no salón de actos do Centro Sociocultural, unha charla sobre os Trastornos do Neurodesenvolvemento.

Unha ponencia que estará impartida polo recoñecido doutor Ángel Carracedo, director da Fundación Galega de Medicina Xenómica e Coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

Será unha charla dirixida a familias, estudantes e profesionais, e tamén a todas as persoas que estean interesadas en asistir.

"Moi emocionado e agradecido por poder contar en Friol con Ángel Carracedo, unha eminencia no eido da medicina, así como un profesional de relevancia a nivel mundial e mellor persoa", dixo o alcalde.

0.14805197715759