O dramaturgo Euloxio Fernández dirixirá a obra 'A tortuga de Darwin' en Pozuelo de Alarcón
O dramaturgo e director Euloxio Fernández, rabadense de nacemento, dirixirá a obra A tortuga de Darwin no Espacio Educarte de Pozuelo de Alarcón.
A Asociación Cultural Ateneo de Pozuelo estreará a nova montaxe da compañía o día 23 de marzo, en Pozuelo de Alarcón, ás 19.30 horas, con motivo dos actos conmemorativos do Día Mundial do Teatro.
A obra de teatro conta a historia de Harriet, a auténtica tortuga de Darwin, que faleceu no 2006 aos 176 anos de idade. Partindo desta anécdota histórica, Harriet convírtese nunha testemuña esencial do século XX onde desvela a outra cara da moeda e devolve tamén o drama, a traxedia humana. Para esta montaxe, o Ateneo de Pozuelo buscou o equilibrio entre drama e comedia, incluíndo algún pequeno guiño ao universo cinematográfico.