O dúo cómico Sobria e Serena actuará en Guitiriz polo 25N

TerraChaXa
A actuación celebrarase ese mesmo martes ás 19:30 horas, e a entrada será de balde ata completar aforo
sonia-y-serena-el-chou
2 Nov 2025

O Concello de Guitiriz contará cunha actuación moi especial con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O dúo cómico Sobria e Serena achegarase á Escola Habanera para presentar o seu espectáculo El chou, unha proposta cargada de humor, reflexión e perspectiva de igualdade.

A actuación celebrarase o martes 25 de novembro ás 19:30 horas, e a entrada será de balde ata completar aforo.

Sobria e Serena son os nomes artísticos das actrices e cómicas viguesas Arantxa Reus e Jazmín Abuín, que con El chou ofrecen un espectáculo innovador e divertido no que convidan ao público a acompañalas nun percorrido pola súa vida e pola súa particular visión do mundo. A risa convértese na protagonista principal, sempre dende un enfoque comprometido coa igualdade.

Esta proposta forma parte do programa polo 25N do Concello de Guitiriz.

⚙ Configurar cookies
0.070595979690552