O dúo folk galego Abril é a primeira confirmación do festival Rumboia Viva

TerraChaXa
O colectivo traballa no deseño do programa pero asegura que haberá moitas actividades e tamén novidades aínda que música, xogos e obradoiros volverán ser os grandes protagonistas
abril-rumboia-viva
5 Feb 2025

A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, anunciou a celebración da terceira edición de Rumboia Viva, un festival cultural que terá lugar o próximo mes de xuño, na porta da Terra Chá. A data que avanza o colectivo é o 28 de xuño, un mes antes das dúas primeiras edicións, que foron a finais de xullo.

Tamén avanzou xa a primeira confirmación do festival, trátase de Abril, o dúo formado por Claudia Abril e Marina Carpente, que levarán a Gontán a tradición renovada e os sons de raíz.

O dúo folk galego lanzou a súa nova creación, Arredor da Mesa, unha canción que homenaxea a amizade a través de sons que fusionan tradición e modernidade.

O colectivo traballa no deseño do programa pero asegura que haberá moitas actividades e tamén novidades aínda que música, xogos e obradoiros volverán ser os grandes protagonistas.

"Vimos con máis alento que nunca e cunha imaxe que representa á perfección as ganas que temos desta terceira edición", explican desde o colectivo.

Presentan tamén unha nova imaxe, ideada por Nahum Martínez Blanco coa que representar "a celebración da amizade, da música e da cultura".

0.16597008705139