O Enterro da Sardiña do Valadouro será o 29

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Valadouro celebrará o 23 e 29 de febreiro a popular festa de Entroido co tradicional Desfile de Entroido e o Enterro dá Sardiña.
Captura de pantalla 2020 06 12 a las 9.31.55
7 Feb 2020

O Valadouro celebrará o 23 e 29 de febreiro a popular festa de Entroido co tradicional Desfile de Entroido e o Enterro dá Sardiña.

Así, o domingo 23, terá lugar o Desfile que comezará ás 17.00 horas e percorrerá as principais rúas de Ferreira desde o parque Concepción Arenal, pasando pola praza e ata a ponte.

Haberá premios para os mellores disfrazes valorados en 3.700 euros e repartidos en todas as categorías. Estas serán, Categoria infantil, individual, parella e grupo e Categoria adulto individual, parella e grupo, e a Categoria de comparsas. Tamén contarán cun premio especial a o disfraz máis simpatico.

A entrega de premios farase no pavillón polideportivo amenizado cunha discotica mobil.

O sábado 29 será o Enterro da Sardiña, a partir das 20.30 horas desde a Casa da Cultura ata a praza de Santa María. A lectura de coplas e críticas levarase a cabo na praza e o xuízo a Dona Sardiña estará amenizado pola comparsa Alfoz-Valadouro.

0.16376399993896