O Entroido de Begonte recolle as mellores imaxes
Begonte celebrou este sábado un novo concurso de Entroido que contou cun total de 54 inscritos, unha cantidade de rércord. A festa pon fin ao Entroido na Comarca.
Na categoría de comparsas o primeiro premio por para Os Edro, seguidos de Os máis limpos da Chaira, Meigallos, Galiñeiro con Cea e Os Tarambainas. Tamén se concedeu un accésit a O Rei Molón mola mogollón. Estes cobrarán entre 500 e 80 euros cos 60 do accésit.
Na categoría parellas e tríos concedéronse tres premios, Fantasía primaveral, que recibirá 120 euros, seguido de O cocido de Angustias e Marcelino e Patrulla canina, estes con premios de 80 e 60 euros.
Cen euros recibirá Dark Cristal na categoría de individual adultos por ser o gañador. Quedaron por debaixo Raíña da reciclaxe (75 euros) e A Dama do plumaxe (50 euros).
Na categoría infantil individual premiouse a Raíña do Antroido, Reina Natureza e Dando a nota, con premios entre 100 e 50 euros. Ademais, concedeuse un accésit a Volvoreta.
Tamén se concederon outros premios a concursantes do Concello de Begonte. Na individual infantil só houbo un, Raíña das Abellas, que recibirá 80 euros.
En comparsas os premios locais foron para Na Taberna, Popitontes e Más Allá, que recibirán entre 200 e 100 euros. Ademais de Sexy Boom, que levó un accésit de 50 euros.
Na categoría de parellas e tríos houbo dous premiados, Pulpería Sabela e Deus salve á Raíña.