O Entroido de Burela comezará o 23

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
7 Feb 2020

O Concello de Burela organiza a festa do Entroido do 23 ao 26 de febreiro.

O tradicional desfile sairá ás 17.00 horas e terá o seguinte percorrido rúa do Ril, Arcadio Pardiñas, Eijo Garay e praza do Concello.
Rematado o desfile na carpa haberá un DJ que pinchará ata unha hora despois da entrega de premios. Mentres o xurado delibera entregarase chocolate quente e croissants gratis a todas as persoas que estean na carpa e así o queiran. Unha vez que o xurado teña decidido procederase á entrega de premios.

A inscrición pode efectuarse de luns a venres de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas chamando aos teléfonos 982 581 141 ou 647 136 673 ou enviando un correo electrónico a casaxuventude@burela.org. O prazo remata o vindeiro día 21 de febreiro de 2020 as 14.00 horas.

O mesmo domingo 23 de febreiro poderán apuntarse no local da S.C.R. Ledicia dende as 15.30 horas ata media hora antes do comezo do desfile.

As categorías serán, individual, parella e grupo infantil; e adulto individual, parella e grupo; carroza, comparsas. Haberá premios en individual infantil de 130 euros, parella infantil 160, grupo infantil 350, adulto individual de 180 euros, parella adulto 250, grupo adulto 500, carrozas 750 e comparsas 750 euros.

O luns 24 de febreiro de 16.00 a 20.00 horas terá lugar na Antiga Praza de Abastos un Obradoiro de Cociña Infantil impartido polas monitoras do Centro Medioambiental Gaia. Pola noite na carpa instalada na Praza do Concello terá lugar a actuación dun grupo musical.

O martes 25 será o Día do Neno e de 16.30 a 21.00 horas na carpa instalada na Praza do Concello haberá inchables, desfile infantil, obradoiro de manualidades e pintacaras, photocall e música.

Por último, o Enterro da Sardiña será o mércores 26 tendo a súa saída ás 20.00 horas

O percorrido será o seguinte avenida Arcadio Pardiñas á altura do Mesón O Poeta, baixa por Eijo Garay, continua por Rosalía de Castro, baixa pola Rúa da Lamestra e remata no Areal de Penoural. Alí terá lugar a queima da sardiña.

 

0.19632697105408