O entroido de Castro Ribeiras de Lea repartirá 6.000 euros en premios
Un ano máis, a localidade de Castro Ribeiras de Lea prepara un intenso programa de Entroido para os días 8 e 9 de marzo, organizado pola asociación CuldeCastro e en colaboración cos hostaleiros.
A celebración terá lugar no antigo campo de fútbol baixo unha carpa para protexer das posibles inclemencias do tempo e dará comezo o día 8, venres cunha verbena a cargo da orquestra A Fórmula, que fará nesta celebración en particular a súa presentación oficial. Serán cinco horas de música con discoteca móbil e gogós.
O sábado 9 a programación arrincará ás 12.00 cunha sesión de xogos tradicionais, organizados por Xotramu, combinados con animación infantil.
Sobre as 13.30 horas haberá unha sesión vermú a cargo de Stereo Show deixando para as 16.30 horas o comezao do desfile de entroido.
Ás 21.00 horas haberá unha cea na carpa para todos os veciños cun menú a base de empanada, xamón cocido, callos, orellas de entroido e pan cun prezo de dez euros por persoa. Los tickets para a mesma poden mercaser en Amándoa, Mariva, Fénix, L&M ou na popia carpa o mesmo día.
Finalizará a festa cunha verbena a cargo tamen de Stereo Show.
O concurso de disfraces contará este ano con máis de 6.000 euros en premios. Así as tres primeiras comparsas recibirán 1.500, 700 e 300 euros respecticamente. Por parellas de adultos haberá 400, 200 e 100 euros en premios. En individual de adultos os premios serán de 250, 125 e 60 euros.
Tamén haberá un apartado infantil. As tres mellores parellas recibirán 150, 70 e 40 euros mentres que os mellores disfraces individuais terán 120, 60 e 30 euros, respectivamente.
A organización sorteará de madrugada un carro cheo de sorpresas valorado en 1.500 euros.