O entroido de Meira repartirá máis de 1.000 euros en premios

TerraChaXa
O Concello de Meira prepara un concurso para o Entroido para o día 4 de marzo.
ENTROIDO 2019
7 Feb 2019

O Concello de Meira prepara un concurso para o Entroido para o día 4 de marzo. A celebración terá lugar no pavillón municipal e estará amenizada polo Grupo Muralla, e comezará ás 22:00 horas.

O concurso de disfraces contará este ano con máis de 1.000 euros en premios. Así, as tres primeiras comparsas recibirán 300, 150, 100, 60 e 40 euros respecticamente. Por parellas haberá 120, 90, 70, 50 e 30 euros en premios. En individual os premios serán de 110, 70, 50, 40 e 30 euros.

0.17839002609253