O Entroido de Trabada será o o 7 de marzo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Asociación Cultural O Picato en colaboración co Concello de Trabada programan o tradicional desfile de Entroido para o 7 de marzo.
5 Feb 2020

A Asociación Cultural O Picato en colaboración co Concello de Trabada programan o tradicional desfile de Entroido para o 7 de marzo.

Os actos comezarán co inicio do Desfile de Entroido dotado con 3.000 euros en premios, que dará paso á verbena a cargo do grupo Fénix e unha discoteca móbil. Máis tarde farase a entrega de premios.

Durante a festa haberá lambetadas para os participantes infantís, e os presentes poderán degustar doces típicos destas data.

Como din dende a asociación, "o Entroido é unhas das principais citas de Trabada, consolidada e que medra ano a no".

0.079797983169556