O Entroido de Val de Francos será o 5 de marzo

TerraChaXa
Un ano máis haberá Entroido tamén na parroquia de Val de Francos, que se celebrará o 5 de marzo.
Captura de pantalla 2019 02 12 a las 16.12.26
18 Feb 2019

Un ano máis haberá Entroido tamén na parroquia de Val de Francos, que se celebrará o 5 de marzo. A festa dará comezo ás 16.30 horas coa actuación de grupo de gaitas Os Valuros, antes do acto oficial de sermón sentencia e queima do entroido. A continuación, terá lugar o sorteo de cestas para dar inicio, ás 18.00 horas, ao baile, que estará a cargo da orquestra Triunfo.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa para as posibles inclemencias do tempo.

valdefrancos copia
0.14165806770325