O Entroido San Ciprián deixou moitos e divertidos momentos

TerraChaXa | AMariñaXa
7 Mar 2019

Os disfraces que resultaron gañadores no desfile de Entroido de San Ciprián celebrado na carpa instalada na Praza dos Campos foron en individual infantil Ave Fénix e Mickey Piloto. E en adulto Zombi. En parella individual o primeiro premio foi para Futuro de extinción e o segundo para Os cazacentollas.
Na categoría de grupos, no infantil gañaron Loros de Porto Alegre, Alegría e Nilopensé; en xuvenil Panadería Xunco, Grease e Limpando mares; e en adulto Mr Potato e as súas patacas, Somos un regalo e a Familia Monigote.
Na categoría de comparsas infantil o primeiro premio foi para Sen tempo non era, o segundo para Os preguiceiros e o terceiro para Al nordeste del salvaje oeste. E nos adultos Volando boys "ligerito andando", Eche o que hai e Unha e voume.
Ademais, a organización e o xurado decidiron dar uns premios especiais ao grupo infantil máis orixinal que foi para Se chove que chova, a comparsa infantil orixinal para a Pandilla Pop Art; a comparsa adulto orixinal foi para A migración chegou a San Cibrao; o disfraz elaborado comparsa infantil acadouno Cafeteiros do Val; e o disfraz elaborado comparsa adulto para Guateke "o mellor de cada casa".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16007781028748