O equipo cadete do Castro faise coa Copa Deputación
TerraChaXa | LugoXa
O equipo cadete do Castro feminino fíxose co título de campión de Copa logo de vencer este domingo ao Poio por 4-3.
12 Jun 2023
O equipo cadete do Castro feminino fíxose co título de campión de Copa logo de vencer este domingo ao Poio por 4-3 en Bueu cumprindo así un dos obxectivos xa que se lle escapou o título de Liga, competición da que quedou fóra en semifinais na quenda de penaltis.
Foi un partido durísimo para as chairegas, que foron as encargadas de abrir o marcador pero logo as cousas puxéronse difíciles cun marcador en contra co que remataron antes do descanso.
Tralo paso por vestiarios volveron con forza e empataron nada máis pisar de novo o parqué. Aínda que volveron poñerse por detrás, levantaron o resultado no final, primeiro empatando cando faltan cinco minutos e tres despois metían o tanto que lles daba o título.