O equipo de loita de Vilalba acada a prata na Liga do deporte de base

Este sábado celebrouse en Melide a Xornada Norte da Liga de Deporte de Base de Loita Olímpica, onde o equipo vilalbés acadou un brillante segundo posto, tan só por detrás do Keltoi de Vila de Cruces.
O combinado local contou cunha participación de máis de 30 deportistas, que amosaron un gran nivel competitivo ao longo da xornada. Grazas a este resultado, o equipo obtén o billete para a Xornada Final da Liga, que se celebrará o vindeiro 26 de maio na Estrada.
A maiores, varios dos representantes vilalbeses foron seleccionados para competir no Campionato de España U13, que terá lugar en Madrid o próximo 10 de maio. Alonso Maceira, Sara Martínez, Noela González e Alejandra Valle serán os encargados de defender a Galicia na capital do Estado, levando o talento da base ao máis alto nivel nacional.