O equipo feminino cadete do Castro proclámase campión do grupo Norte da Liga Galega

LugoXa | TerraChaXa
Venceu con rotundidade (4-0) ao Dental Arias Lugo Sala e mantén unha vantaxe de oito puntos ao Narón
fsf-castro-cadete-feminino
10 Feb 2025

O equipo cadete feminino do FSF Castro deu unha importante noticia no día no que se celebraban os dez anos de vida do club, logrou o título de campión do grupo Norte da Liga dúas semanas antes do fin de competición.

O Castro venceu con rotundidade (4-0) ao Dental Arias Lugo Sala e mantén unha vantaxe de oito puntos ao Narón, segundo clasificado, que tamén venceu.

Con dúas xornadas aínda por disputarse, o equipo chairego xa ten praza na semifinal da Liga, que se disputará unha vez rematada a fase de Copa, contra o segundo clasificado do grupo Sur. Os campións de Liga irán ao Campionato de España.

O FSF Castro celebrou este sábado case todos os partidos na casa nunha xornada na que houbo resultados para todos os gustos, pero na que primou o achegamento e a camaradería. Ademais, como se suspendeu o partido alevín, as xogadoras, pais e nais e adestradores saíron á pista para xogar un partido inesperado.

0.1710410118103