O equipo infantil do Esteo logra o ascenso á Galega e queda campión da provincial

TerraChaXa
O equipo infantil do Esteo logrou o ascenso a Liga Galega tras impoñerse nos play off primeiro ao Caranza na semifinal e Solaina na final.
ESTEO AS PONTES INFANTIL
3 Mar 2023

O equipo infantil do Esteo logrou o ascenso a Liga Galega tras impoñerse nun durísimo play off primeiro ao Caranza 3-0 na semifinal e logo 2-0 ao Solaina na final.

O Esteo gañou a fase regular da liga do grupo de Ferrol con 31 puntos no seu haber, 10 vitorias, un empate e unha derrota. O equipo inicia esta fin de semana a fase de Copa ante o Parrulo dentro do grupo A.

Este mesmo equipo foi o que o ano pasado logrou o ascenso á liga galega na categoría alevín, gañando a copa ademáis da liga. Este ano polo tanto repiten xesta.

0.13035488128662