O escritor Jaime Izquierdo presentará na Pastoriza o seu novo libro

TerraChaXa
O Hábital cultural Fogar de Maeloc, situado na Casa da Cultura da Pastoriza, acollerá o próximo sábado 14 de decembro, ás 21.
Captura de pantalla 2019 10 08 a las 16.24.12
8 Dec 2019

O Hábital cultural Fogar de Maeloc, situado na Casa da Cultura da Pastoriza, acollerá o próximo sábado 14 de decembro, ás 21.00 horas, unha charla presentación do novo libro do ecoloxista Jaime Izquierdo, La ciudad agropolitana, La aldea cosmopolita.

A charla estará a cargo do autor, xeólogo e escritor asturiano defensor dos valores e a conservación da vida no mundo rural e da natureza, preocupado pola súa conflitiva coexistencia co novo mundo urbano, como exhibe repetidamente en toda a súa obra.

Na súa charla, falará dos dous principais hábitats creados pola humanidade, a aldea e a cidade. "Na aldea aprendemos a relacionarnos coa natureza e a crear natureza; na cidade aprendemos a relacionarnos co artificio e, agora, coa virtualidade. A aldea, o primeiro experimento urbano da humanidade, extínguese; a cidade evolucionou cara a unha megalópolis disfuncional que ameaza á Biosfera. Nun contexto postindustrial, e ante a ameaza dunha crise ecolóxica global, a cidade debe volver relacionarse co campo —facerse agropolitana— e a aldea ten que retomar a súa función orixinal de xestora da natureza e sacar partido da oportunidade inédita de facerse multicultural e cosmopolita", explica o autor.

Captura de pantalla 2019 10 08 a las 16.24.28

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15851402282715