O Espazo Xove de Vilalba celebra a Feira da Primavera con obradoiros e competicións

O Espazo Xove de Vilalba organiza a Feira da Primavera 2025, unha cita chea de actividades que se celebrará os días 9 e 11 de abril. O evento incluirá obradoiros creativos e de gastronomía, ademais de competicións deportivas con premios para os finalistas.
O mércores 9 de abril, os participantes poderán asistir ao Obradoiro de Retrato Rápido, impartido polo artista e profesor Manuel Carballeria, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
O venres 11 de abril, a partir das 17:00 horas, terá lugar o Obradoiro Saudable: GastroPetiscos, onde os asistentes aprenderán a cociñar pratos saudables. O mesmo día, tamén a partir das 17:00 horas, os máis competitivos poderán poñer a proba as súas habilidades no Torneo de Billar e Futbolín, no que se repartirán premios aos mellores clasificados.
As prazas son limitadas, polo que a organización recomenda inscribirse canto antes a través do correo espazoxovevilalba.xuventude@xunta.gal, do teléfono 982 82 83 40, ou de forma presencial e a través das redes sociais do Espazo Xove.
A Feira da Primavera promete ser unha oportunidade única para a mocidade de Vilalba de desfrutar dunha programación diversa e participativa.