O Espazo Xove de Vilalba reabrirá esta semana tras as obras dos baños

TerraChaXa
O Espazo Xove de Vilalba ten previsto reabrir esta semana tras ter pechado para a realización de diferentes obras.
31 Ago 2020

O Espazo Xove de Vilalba ten previsto reabrir esta semana tras ter pechado para a realización de diferentes obras.

Entre as actuacións que se están a levar a cabo nas instalacións, situadas no segundo andar dun edificio da rúa Novo Cazón, inclúese a reparación total dos baños cun investimento duns 5.000 euros. Estes traballos contemplan o cambio do pavimento e todas as pezas, de aseo.

Ao mesmo tempo estase a realizar unha reparación das baixantes do inmoble e unha canalización da rede de saneamento, un traballo ao que se destinarán preto de outros 2.000 euros.

 

0.17390990257263