O Espazo Xove organiza o Entroido e un mural sobre o amor

TerraChaXa
O Espazo Xove de Vilalba organiza este luns, 12 de febreiro, unha festa de Entroido, a partir das 17.
entroido san valentin espazo xove
entroido san valentin espazo xove
11 Feb 2024

O Espazo Xove de Vilalba organiza este luns, 12 de febreiro, unha festa de Entroido, a partir das 17.00 horas e ata as 21.00 horas.

As persoas que desexen participar poderán facelo ata o propio luns ás 17.00 horas. Os disfraces máis orixinais levaranse un agasallo.

Ademais, neste mesmo centro elaborarase un mural colaborativo con motivo da celebración de San Valentín co título O amor. Para facer o mural utilizaranse todas as mensaxes que se envíen entre o 12 e o 16 de febreiro. O venres entregaranse uns agasallos para as mensaxes máis orixinais.

0.12095999717712