O Espazo Xove Vilalba inicia o martes a súa programación de verán

TerraChaXa
O Espazo Xove de Vilalba inicia este martes, 28 de xuño, a programación de verán que se desenvolverá de martes a domingo ata o 29 de xullo.
PROGRAMA ESPAZO XOVE VILALBA PORTADA
25 Xuño 2022

O Espazo Xove de Vilalba inicia este martes, 28 de xuño, a programación de verán que se desenvolverá de martes a domingo ata o 29 de xullo. As actividades pretenden axudar na conciliación das familias ao tempo que se promove a adquisición e mellora de habilidades.

Estas están dirixidas a mozos e mozas a partir dos 12 anos. Celebraranse de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas, agás algunhas vespertinas.

As actividades son gratuítas pero requiresn de inscrición previa que pode facerse a través de espazoxovevilalba.xuventude@xunta.gal ou no teléfono 982 82 83 40, ademais de persoalmente no Espazo Xove.

Así, para a semana inicial está previsto un obradoiro científico ao cargo de Xuvenciencia que se repetirá o xoves e o venres. o mércores, haberá xadrez creativo.

A semana do 5 o 8 está prevista unha aproximación ao rap con escape room pola tarde e obradoiro musical con Karras DJ tamén en sesión de tarde. Rematarán o venres co taller Traballando as emocións.

Do 12 ao 15 de xullo falarase de reciclaxe e repetirase o taller de robótica e os das emocións, que tamén haberá a seguinte semana, na que tamén contarán con xadrez creativo.

Pecharán a programación con improvisación teatral con Paloma Luxilde e robótica.

PROGRAMA ESPAZO XOVE VILALBA
0.1595458984375