O espectáculo de maxia Don Gelati chega a Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz colabora na romaría de San Nicolás este domingo 18 de agosto co espectáculo de maxia Don Gelati de Dani García
1-Don-gelati-barreiros
Don Gelati
18 Ago 2024

O Concello de Guitiriz colabora na romaría de San Nicolás este domingo 18 de agosto co espectáculo de maxia Don Gelati de Dani García, enmarcado dentro do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia. É un espectáculo dirixido a toda a veciñanza e que se poderá gozar a partir das 18.00 horas en  San Nicolás (Buriz).

Conta a historia de como nun día de sol chega á praza do pobo un vendedor de xeados con ganas de sacarlle un sorriso á veciñanza. Pero Don Gelatti sufrirá todo tipo de imprevistos e infortunios co seu carro, que terá que solventar con inxenio e cun montón de maxia antes de que os xeados se derritan.

0.17426109313965