O espectáculo infantil televisivo Bibopalula visita este domingo Vilalba

TerraChaXa
Durante toda a semana, leváronse a cabo varias accións para animar ás familias da vila a acudir ao Auditorio
espectaculo-infantil-vilalba
13 Jun 2025

O domingo 15 de xuño ás 17.00h a Banda do Bosque visitará Vilalba cunha función no Auditorio Municipal. Bibopalula prepárase así para o gran salto das pantallas aos escenarios. Despois de situarse como o contido máis visto en Xabarin.gal, a plataforma de contidos de entretemento infantil da Televisión de Galicia, o proxecto audiovisual creado por Andrés Mahía e Laura Mahía e producido por Undodez transfórmase nun gran espectáculo musical para nenas e nenos de 4 a 8 anos.

Durante toda a semana, leváronse a cabo varias accións para animar ás familias da vila a acudir ao Auditorio. O luns, Robin deixouse ver dando un paseo polo centro de Vilalba e o martes visitou aos nenos e nenas da Escola Infantil de Vilalba, do CEIP de Monseivane e do CEIP de Xermade, mentres que o mércores foi a quenda do CEIP Manuel Mato Vizoso, do CEIP Antonio Ínsua Bermúdez e do CEIP da Terra Chá.

Os colexios recibiron a Robin cos brazos abertos e moita música. A rapazada animouse a cantar e bailar con el as cancións orixinais da serie e, ademais de coñecer á Banda do Bosque, tamén recibiron un agasallo moi especial: a frauta de Robin e un convite para a función deste fin de semana do espectáculo de Bibopalula.

⚙ Configurar cookies
0.1607620716095