O espectáculo infantil 'Un saco de contos' chega á Biblioteca de Xermade

TerraChaXa
A iniciativa enmárcase dentro da programación cultural organizada polo Concello de Xermade e o proxecto Ler conta moito
un-saco-de-contos-angeles-goas
23 Sep 2025

A Biblioteca Municipal de Xermade acollerá o mércores 24 de setembro ás 18:00 horas o espectáculo Un saco de contos, da man de Ángeles Goás. A actividade, pensada para achegar a maxia das historias ao público máis novo, está recomendada para nenos e nenas a partir dos 4 anos.

Durante aproximadamente 50 minutos, Goás encherá a biblioteca de fantasía e imaxinación a través deste espectáculo de contacontos, que forma parte do programa de dinamización da lectura.

A iniciativa enmárcase dentro da programación cultural organizada polo Concello de Xermade e o proxecto Ler conta moito, co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura e a participación en actividades culturais no ámbito municipal.

Dende a biblioteca convidan a todas as familias a achegarse e desfrutar dunha tarde especial, na que a palabra e a narración oral serán as protagonistas.

⚙ Configurar cookies
0.073518037796021