O espectáculo Lambetadas chega ás Pontes

TerraChaXa
O Auditorio Cine Alovi das Pontes acolle este venres, 17 de xaneiro, o espectáculo para público infantil e familiar Lambetadas, de Talía Teatro, que ten como obxectivo a concienciación e posta en valor da lingua galega como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual.
81451887_2536833506560038_8171478690014691328_o
13 Jan 2020

O Auditorio Cine Alovi das Pontes acolle este venres, 17 de xaneiro, o espectáculo para público infantil e familiar Lambetadas, de Talía Teatro, que ten como obxectivo a concienciación e posta en valor da lingua galega como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual.

A representación, que ten un prezo de tres euros en taquilla, terá lugar a partir das 20.00 horas.

No argumento, dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non queda máis remedio que coñecerse, tanto un ao outro como a eles mesmos.

O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas. Porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamer as lambetadas, que é o máis rico que hai.

Hai linguas e linguas. E non hai unha igual que a outra. Iso si: cada quen lame coa súa. Non vai lamer con outra. Porque se tes unha lingua tes que empregala. E vale para lamer calquera cousa. E para falar de calquera cousa. E en calquera situación. Porque todas as linguas valen para o mesmo. Para entenderse. Para comunicarse. Para dicir o que cada quen queira dicir. E para lamer o que cada quen queira lamer. Para lamer e gozar, para darse gusto.

Actúan María Ordóñez e Diego Rey, con textos de María Canosa, Santiago Cortegoso e Séchu Sende con dirección de Santiago Cortegoso.

0.18341398239136