O espectáculo 'Pallaso total' chega este venres a Xermade

O Concello de Xermade acollerá o este venres, 5 de setembro, ás 17:00 horas o espectáculo Pallaso Total, da compañía Duende Circo, que terá lugar nas Naves da Feira, no Campo da Feira de Momán.
Trátase dunha proposta familiar dirixida a público a partir dos 3 anos, onde se combinan humor, malabares, música e maxia, nun cóctel cheo de creatividade e entretemento. O artista multidisciplinar que lidera o proxecto presenta unha posta en escena dinámica e sorprendente, coa que busca conectar co público a través da emoción, a diversión e tamén da reflexión.
A actividade enmárcase dentro do programa Dinamiz-ARTj, promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN), co obxectivo de achegar propostas culturais e artísticas a diferentes concellos.
O espectáculo chega a Xermade como parte dun programa que aposta por dinamizar a vida cultural e ofrecer alternativas de lecer para todas as idades.