O Esteo FS pecha as inscricións para o maratón de fútbol sala das Festas do Carme nas Pontes

TerraChaXa
Os partidos desenvolveranse na pista do Colexio Santa María e habilitarase unha zona de acampada para facilitar a participación de equipos e afeccionados
maraton-fs-as-pontes
30 Jun 2025

O Esteo FS celebra unha nova edición do tradicional maratón de fútbol sala das festas do Carme, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de xullo nas Pontes. O evento conta coa colaboración do Concello, a Deputación da Coruña e o club.

Os partidos desenvolveranse na pista do Colexio Santa María e habilitarase unha zona de acampada para facilitar a participación de equipos e afeccionados. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 1 de xullo e os interesados poden obter máis información a través dos teléfonos 699 219 277 e 687 831 106.

As inscricións teñen un custo de 120 euros para equipos masculinos, 75 euros para equipos femininos e 50 euros para equipos de veteranos, aos que se engade un seguro obrigatorio de 5 euros por xogador ou xogadora. Os premios para a categoría masculina serán de 1.500, 600 e 100 euros, mentres que na categoría feminina os premios serán de 600, 300 e 100 euros. Para os veteranos, os galardóns serán de 300, 150 e 50 euros, respectivamente.

O sorteo de equipos realizarase o mércores 2 de xullo ás 20:30 horas no pavillón municipal das Pontes, dando comezo así a unha nova edición deste maratón que se consolidou como un dos eventos deportivos máis esperados nas festas do Carme.

⚙ Configurar cookies
0.16705799102783