O evento 'Xa chegou a Apalpadora!' chegará a Vilalba este venres

TerraChaXa
Este é un espectáculo infantil para gozar en familia a cargo do grupo Velaísca
a-apalpadora
23 Dec 2024

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura - Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza o evento 'Xa Chegou a Apalpadora'.

Este é un espectáculo infantil para gozar en familia, a cargo do grupo Velaísca, que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba, o venres 27 de decembro de 2024, ás 17.00 horas.

'Xa chegou a Apalpadora!' é unha actividade na que Antía, filla do lexendario Apalpador, colle o testigo do seu pai e baixa xunto co seu músico André para apalpar bandullos. "Cantamos e contamos como é a vida na alta montaña e as marabillosas lendas agochadas nos recunchos máis abraiantes da nosa cultura", explican.

Será así un espectáculo infantil para gozar en familia no que se transmiten valores como o respeto polo monte e o coidado do rural.

0.16112089157104