O Fendetestas celebra este sábado a súa festa de fin de tempada

TerraChaXa
A sesión dará comezo xa pola mañá, ás 11.00 horas cunha xornada Mixed Ability
festa-final-de-tempada-fendetestas
Carteis da celebración
7 Xuño 2024

O club de rugby das Pontes, o Fendetestas, celebra este sábado, 8 de xuño, a festa e final de tempada, que terá lugar no campo Evaristo Puentes Durán, na Choupana.

A sesión dará comezo xa pola mañá, ás 11.00 horas cunha xornada Mixed Ability, unha sesión que é unha forma e entender o deporte incluídos nos equipos a persoas con discapacidade. No mixed ability rugby emprégase o regulamento oficial de World Rugby e está centrado na categoría sénior, xa que se entende que as categorías inferiores deben ser inclusivas por natureza.

Ao remate da mesma, ás 12.30 horas, terá lugar o torneo do club para rematar co Terceiro Tempo, no que haberá concurso de tortillas e se repartirán os premios do club.

0.16658806800842