O Festival 27373 de Begonte contará con aforo reducido

TerraChaXa
O Club Fluvial de  Begonte acollerá o 14 de agosto unha nova edición do Festival 27373, que xa ten preparada a súa programación
castineiro milenario festival 27373 begonte 1
9 Ago 2021

O Club Fluvial de  Begonte acollerá o 14 de agosto unha nova edición do Festival 27373, que xa ten preparada a súa programación, a novena que se celebra neste concello chairego.

Celebrarase como sempre no Club Fluvial, aínda que nesta ocasión estará dividido en dous espazos, nun a partires das 14.00 horas comezarán coa sesión vermú con foliada de Bosende e xa pola tarde ás 16.30 horas será o IX Aberto de billarda. Para asistir a este evento necesitarase ver o protocolo COVID e reservar praza na seguinte ligazón bit.ly/billarda27373.

No outro espazo terán lugar os dous concertos, Troupelear e Acordeireta, ambos con aforo reducido, protocolo COVID e reserva de entradas (bit.ly/entradas27373)

O prazo máximo de inscrición é o venres 13 de agosto e dende a organización piden estar 20 minutos antes do comezo das actividades.
castineiro milenario festival 27373 begonte
0.20069479942322