O festival benéfico de Nete recadou máis de 5.000 euros para Asotrame

TerraChaXa
Vilalba repaldou o pasado sábado o IV Festival Benéfico a favor da loita contra o cancro organizado pola Asociación Cultural Mestura.
ACTUACION MESTURA DE NETE FESTIVAL SOLIDARIO
23 Maio 2023

Vilalba repaldou o pasado sábado o IV Festival Benéfico a favor da loita contra o cancro organizado pola Asociación Cultural Mestura de Nete e a asociación veciñal San Come de Nete. O obxectivo desta cita era recadar fondos para apoiar o labor que desenvolve a Asociación Galega de Transplatados de Médula Ósea (Asotrame). A entidade recibiu un cheque de 5.000 euros.

Unha vez máis os veciños e veciñas da parroquia vilalbesa de Nete deron mostras do seu compromiso solidario e o seu empeño e poñer o seu gran de area para mellorar a atención aos pacientes oncolóxicos e contrubuír á investigación médica.

Unha vez máis, lograron implicar ao conxunto da ciudadanía, que encheu o auditorio. Na venda de entradas e nas rifas os organizadores logarron reunir ata 5.300 euros. A secretaria de Asotrame, Teresa Rodríguez, recibiu o cheque simbólico, que servirá para financiar as actividades e servizos da entidade para pacientes e expacientes de cáncer hematolóxico.

Asotrame puxo en valor o esforzo realizado por Mestura e a veciñal San Cosme de Nete para organziar este festival e agradeceu a súa elección como destinatarios da recadación."Unha decisión na que xogou. un papel importante unha antiga usuaria do piso de estadía temporal para pacientes oncolóxicos da Coruña", explicaron.

0.20773005485535