O festival da Música e da Arte Urbana Urban Witiricus de Guitiriz será 7 de xullo
A xuventude de Guitiriz, da man da Asociación Cultural Xermolos e en colaboración con algúns establecementos comerciais e hostaleiros da vila, organiza un festival dedicado á cultura urbana.
O Urban Witiricus terá lugar o 7 de xullo, na praza do Campo da Feira e inmediacións e estará ateigada de actividades de diferentes disciplinas: graffiti, parkour, break dance, improvisación (batallas) e rap. Todas as actividades serán de balde (excepto a inscrición nas batallas). Ademais haberá zona de acampada.
Os obxectivos do Urban Witiricus son varios: promover a creación artística e musical de toda a xuventude da vila, así coma xerar un espazo de encontro para persoas que comezan a transitar no mundo do hip hop. Tamén dinamizar a vida cultural, social e económica de Guitiriz e arredores, ofrecendo, desde a Asociación Cultural Xermolos e outras entidades, unha oferta ampla ao longo do ano, organizada pola súa propia veciñanza. Por último, e non menos importante, pasalo ben, nun ambiente o máis cómodo e seguro posible para todas as persoas que queiran achegarse, desfrutando así dunha xornada de cultura urbana para todas as idades e públicos.
ACTIVIDADES E ARTISTAS
- Graffiti: Otro Prisma. Asociación de promoción da arte urbana (graffiti) de Lugo. Encherán de cor un muro nas inmediacións do festival.
- Parkour: Antón Noriega. Mozo vilalbés con máis de 10 anos de experiencia no parkour que imparte aulas desta disciplina na Casa da Xuventude de Lugo desde fai 2 anos. Ofrecerá unha clase de iniciación ao parkour.
- Break Dance: B-Boy Kawa. Coreógrafo, bailarín e profesor de Bboying con máis dunha década de experiencia. Ofrecerá un obradoiro-exhibición.
- Batallas: con máis dunha decena de participantes, contaremos co speaker Hermytanho, dinamizador en numerosas citas de impro nas
terras de Compostela. A inscrición nas batallas permanecerá aberta ata o día 6 de xullo ás 23.59h e será de 3€. Os premios das batallas serán os
seguintes: 1º posto. 60% inscricións + gravación de un tema en 8 estudios (Lugo) e 2º posto. 40% inscricións.
- Beatbox: Xenderal. Chegado desde Cerceda, é un dos grandes referentes galegos do beatbox. Ofrecerá un concerto-obradoiro, onde explicará os
conceptos e técnicas básicas da disciplina ao mesmo tempo que nos deleitará con algún dos seus temas.
- Concertos:
· Sabino. Outro dos MC e batalleiros locais, con varios temas subidos na rede e con vistas a un posible disco nos próximos anos. Temáticas de crítica social.
· Japo. Rapeiro local (Guitiriz) a piques de lanzar o seu primeiro disco, Ausencias. Combina nas súas letras de temática de denuncia social e íntima.
· Alto Asalto. Grupo consolidado do panorama do hip hop en galego, que sacou recentemente o seu novo traballo, Soños e Quimeras. Santiago de Compostela.
· Menina Arroutada. T-rap feminista desde Compostela.
· Cáustica. Rap hardcore feminista desde Cervo (Lugo).
· Euforia. Rap feminista desde Ferrol.
· Kali AKA La Negra. Rap hardcore insurxente desde Lugo.
· Valio. Rapeiro e batalleiro. Compostela
· Aquario. Rap. Compostela.
· Tami. Rap. Pontevedra.
· Losi. DJ local que poñerá a guinda ao festival.
Para máis información chamar ao teléfono 696 227 325 ou no email urbanwitiricus@gmail.com