Arrinca o Festival de cine de música de Roca con 12 obras a concurso
O Festival de Cine de Música en Roca é un proxecto cultural organizado na aldea de Roca, Guitiriz, no que durante os días 27 e 28 de xullo proxectaranse películas, documentais e curtametraxes con temática musical, ao aire libre, e co obxectivo de dinamizar a vida cultural da aldea e arredores.
O prazo de entrega de curtametraxes foi ata o 15 de maio, habendo dúas categorías, unha de curtametraxes galegas e outra de fóra de Galicia, cun premio en metálico en cada categoría de 100 euros e un trofeo a cargo dun artesán da comarca. En total se presentaron uns 150 traballos chegados de diferentes partes do mundo, como Estados Unidos, Venezuela ou India. O xurado seleccionou un total de 12 obras que serán as que irán ao concurso cos votos do público.
O pregón do festival está previsto para as 21.30 horas do venres e estará a cargo do escritor e músico Mero Iglesias. Pola súa banda, as proxeccións darán comezo o sábado sobre as 21.30 horas con pezas na categoría de curtametraxes galegos e de oito de fóra da comunidade autónoma, dos que cinco son españois.
Un ano máis, a asociación Xermolos será a encargada de xestionar este concurso, que se claururará sobre a medianoite do mesmo sábado.
Consulta o programa neste enlace.