O Festival de Cine de Roca muda a súa data e abre o prazo de inscrición

A Asociación Cultural Xermolos anuncia a XII edición do Festival de Cine de Roca, que este ano terá lugar do 18 ao 20 de setembro, mudando a súa habitual data de xullo.
O certame, que segue a consolidarse como un referente no ámbito audiovisual, abre a convocatoria para a inscrición de curtametraxes a partir do luns 24 de marzo e ata o 11 de agosto. O concurso contará con dúas categorías: unha para curtametraxes galegas e outra para obras internacionais. As producións deberán ter unha duración de entre 3 e 30 minutos.
As curtametraxes gañadoras en cada categoría recibirán un premio en metálico de 100 euros, ademais dun trofeo elaborado polo artesán chairego Marcos Ladra. Os detalles sobre os prazos, formatos de presentación e plataformas de inscrición están recollidos no epígrafe 10 das bases do certame.
A organización anima a todos os creadores audiovisuais a participar nesta nova edición, que seguirá apostando pola difusión e promoción do cinema independente.
O Festival de Cine de Música en Roca é un proxecto cultural organizado na aldea de Roca, no que durante dous días se proxectan películas, documentais e curtametraxes con temática musical, ó aire libre, e co obxectivo de dinamiza a vida cultural da aldea e arredores.
Este proxecto naceu arredor da Asociación cultural Xermolos inspirado na Mostra de Cine de Ascaso.