O Festival de Papaventos volve esta fin de semana coa súa terceira edición
Este fin de semana o Lago das Pontes contara coa III edición do Festival de Papaventos onde o ceo pontés encherase de cor e de impresionantes papaventos.
O festival dará comezo ás 11.00 tanto o sábado como o domingo con exhibición de papaventos xigantes e acrobáticos.
Unido a esto de 11.30 a 14.30 e de 15.30 a 18.00 haberá dous obradoiros, un de xogos tradicionais e populares e outro de artes plásticas.
Unido a este festival continúa a programación de Un mar de lecer. As actividades darán comezo mañá ás 18:00 horas co espectáculo Circando, da compañía Artefeito, que achegará ata o lago das Pontes unha gala de circo, música e maxia na que os números se suceden de forma dinámica e na que o público asistente verase na obriga de non parar de rir.
A continuación, ás 19.00 horas, será a quenda para a agrupación Anís Guateque, unha formación que nace das ganas de baile, de festa e da alegría, integrada por tres percusionistas, baixo, guitarra, teclado e clarinete que se mesturan en diferentes formatos, nun repertorio con tinguiduras cubanas e psicodélicas.
Ás 21.00 horas tomará a testemuña a formación Lora, que despois de actuar por toda Galicia, e nos sitios máis icónicos (Praia de Riazor con Patti Smith e Nathy Peluso, Praza de María Pita na xira nacional de Os40, Festival da Luz teloneando a Luz Casal) chegan coa súa música a As Pontes, cun show dinámico e potente, para bailar saltar e suar a partes iguais.
A programación continuará o domingo, 20 de agosto, ás 18.00 horas, co espectáculo infantil Arbolito y la Abubilla de Ajayu dúo, un conto de creación propia que ten 20 cancións orixinais con música en directo, ritmos e instrumentos de todo o mundo.