O Festival de Pardiñas acollerá este ano a carreira popular número XLVI
TerraChaXa
Será o sábado, ás 19.00 horas, con saída e chegada a carón da Casa de Cuesta

Cartel da carreira
29 Jul 2025
Xunto ao festival de Pardiñas e dentro da súa programación, este sábado terá lugar unha nova edición da carreira popular, a XLVI, que terá a súa saída ás 19.00 diante da Casa de Cuesta, ao carón do cruce.
Esta carreira conta cun percorrido para maiores de 5 quilómetros e de 700 metros para os máis pequenos, con saída e chegada ao mesmo lugar.
A inscrición da carreira pode facerse a través deste enlace.
A organización lembra que haberá duchas habilitadas para os participantes na proba.